ACCIDENTES EN ACTIVIDADES E SERVIZOS DA
ANPA
|
PROTOCOLO DE
ACTUACIÓN PARA AS FAMILIAS
|
Compañía de seguros
|
COMPAÑÍA: AXA
Nº DE PÓLIZA: 82663908
AXENTE DO SEGURO: Geraldine Sarmiento Tfno. 633129143
ATENCIÓN TELEFÓNICA AXA: 902 40 40 84 / 91 807 00 55
Centros de urxencia en Vigo aos que se
pode acudir
|
- Povisa: Tfo. 986 41 31 44
Protocolo de actuación para as
familias
|
- Cando un/unha menor sufra un accidente en algún servizo ou actividade xestionada pola Anpa, a Asociación chamará á familia para que pase a recollelo/a e será a familia a encargada de trasladar ao/á neno/a a algún dos centros de urxencia concertados coa aseguradora.
- A Familia terá a obligación de enviar ou achegar ao local da Anpa unha copia do Parte de Urxencias ou da Asistencia Médica coa fin de obter autorización por parte de Axa e así evitar cargos indebidos.
- En caso de urxencia, levar o nome da compañía de seguros e o número de póliza.
- No caso de que non se leve ao/á menor a urxencias no momento do accidente e se proceda a levalo/a dende a casa sen dar parte ao seguro, e imprescindible pasar pola Anpa ao día seguinte para poder abrir expediente no seguro.
- En caso de acudir a outro centro de urxencias non concertado coa aseguradora, a familia será a responsable de aboar a factura médica.